Entra / Rexístrate

Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo.

Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.

Obra

Narrativa

Fridom spik (1996, Xerais), narracións breves (2ª edición aumentada, en 2003).

Comendo espaguetis diante da televisión (1998, Xerais), novela.

Breve crónica universal da clase obreira (2001, Sotelo Blanco), novela.

As horas sucias (2001, Xerais), novela.

Casa Skylab (2003, Xerais), novela.

Cabaret Voltaire (2005, Galaxia), novela.

O Globo de Shakespeare (2008, Xerais), novela. Traducido ao castelán como El globo de Shakespeare (en Pulp Books).

Placebo (2016, Xerais), novela.

Novelas xuvenís

Todo a cen (1995, Sotelo Blanco).

A rutina corsaria (1998, Xerais).

Salitre (2000, Xerais). Traducido ao castelán co mesmo título no 2008 (en Anaya).

¡Balea morta ou lancha a pique! (2002, Xerais).

A cova das vacas mortas (2006, Xerais).

Plastilina nos pulmóns (2006, Tambre).

Unha cabana na lúa (2006, Baía Edicións).

O contador de estrelas (2009, Obradoiro; reeditada en 2017 na col. Oqueleo).

Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela (2010, Xerais).

A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña (2010, Xerais).

Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo (2013, Xerais).

Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo (2013, Xerais).

O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo (2014, Xerais).

Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido (2015, Xerais).

O Bosque Pálido (2017, Obradoiro, col. Oqueleo).

A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense (2017, Xerais).

Teatro

Estación Mir (2002, Tris Tram).

Ensaio

Galicia: espiritualidade verde sobre o Atlántico (2007, Xunta de Galicia).

Guión

O Golpe (2000).

Tradución

A porta de Mayo, de Gonzalo Moure (2008, Xerais).

Obras colectivas

Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).

Na boca do lobo (1998, Tris Tram).

Mini-relatos (1999, Libraría Cartabón).

Ninguén está só (2001, Tris Tram).

Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).

Itinerarios histórico-musicais: Lugo (2008, Ouvirmos).

Premios

Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey, no 2001, por Breve crónica da historia universal da clase obreira.

Premio Xerais, no 2003, por Casa Skylab.

Premio García Barros, no 2005, por Cabaret Voltaire.

Premio de Xornalismo Reimóndez Portela, no 2005, polo Concello da Estrada.

Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, no 2006, pol’A cova das vacas mortas.

Finalista II Premio de Literatura e Infantil Meiga Moura, no 2006, por Unha cabana na lúa.

Premio de creación literaria "Terra de Melide", no 2008, pol’O Globo de Shakespeare.

Premio do Museo Provincial de Lugo no 2009.

Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo 2016.

Premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º da ESO, en 2016, pola novela O veleno da risa.