Entra / Rexístrate

Naceu o 17 de agosto de 1932 en Bordeos. Aos dezaoito anos, alístase no exército como voluntario e trasládase a París. En 1951, vende o seu primeiro debuxo ao xornal Sud-Ouest. O seu encontro con Goscinny coincide cos primeiros pasos da súa carreira fulgurante como debuxante de prensa. Co Nicolasiño, bosquexa unha inesquecible galería de aterradores renartes que tapizaron o noso imaxinario colectivo desde aquela. En paralelo coas aventuras do pequeno colexial, colabora con numerosas revistas e comeza a traballar para Paris Match en 1956. O seu talento de observador e o seu extraordinario sentido do irrisorio fixeron de Sempé un dos máis grandes debuxantes franceses dos últimos corenta anos. É, ademais, un dos poucos debuxantes franceses que ilustrou a cuberta do prestixioso New Yorker e hoxe segue a arrancarlles sorrisos todas as semanas a milleiros de lectores desde as páxinas de Paris Match.