Entra / Rexístrate

Nacín en Lugo no ano 1985. Licencieime en Socioloxía na Universidade da Coruña e, máis tarde, especialiceime no ámbito da Publicidade.

Comecei a miña andaina no mundo editorial da man de Bululú no ano 2012; desde aquela, aínda non parei de darlles ás teclas (e non do piano precisamente).

Sempre pensei que os contos son un ser vivo. Nacen dunha idea sinxela, medran pouco a pouco, con traballo e esforzo, ata que, finalmente, maduran e adquiren a súa forma final. Non hai nada mellor que ver como os teus "pequenos" se fan grandes!