Entra / Rexístrate

Manuel Núñez Singala

Naceu en Lugo o 23 de setembro de 1963. A Terra Chá é a súa primeira patria, onde vive ata a adolescencia. Máis tarde, estuda, traballa e reside en Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e, finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.

Obras

Teatro

O achado do castro, Sotelo Blanco, 1990.

Comedia bífida, Galaxia, 2007.

Planificación estratéxica, Laiovento, 2009.

Narrativa

Mar de fondo, Galaxia, 1997.

Menú de engaños, Galaxia, 2010.

Instrucións para tomar café, Galaxia, 2014.

Camiños na auga, Galaxia, 2016.

Noite de temporal, Obradoiro (col. Oqueleo), 2017.

Ensaio

En galego, por que non?, Galaxia, 2009.

Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüísmo na infancia e na idade adulta, Galaxia, 2017.

Obras colectivas

Vocabulario sobre o medio físico e o asentamento humano, Universidade de Santiago de Compostela, 1988.

Criterios lingüísticos: cincuenta cuestións rápidas para persoas impacientes, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.

Documentos administrativos, modelos comentados, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.

O Idioma na Universidade de Santiago de Compostela (resultados dun inquérito realizado no curso 1995-1996), Universidade de Santiago de Compostela, 1998.

Mini-relatos (relato), Libraría Cartabón, 1999.

Longa lingua (relato), Xerais, 2002.

Sempre mar (relato), 2003.

Lingua e futuro, Laiovento, 2010.

Premios

Premio Xiria de Creación Teatral, no 1987, pol’O achado do castro.

Catálogo 2017

Descargar en PDF

Vídeo presentación

Presentación Oqueleo

Oqueleo