Entra / Rexístrate

Biografía

Naceu en Cee (A Coruña), o 20 de agosto de 1978.

Estudou Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, pero como sempre estivo vencellada ás letras obtivo o título de Especialización en Idioma Galego na Escola Oficial de Idiomas.

Actividades literarias

  • Bolsa de Creación Literaria da Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) pola obra A pedra de seixo (1993).
  • Bolsa de Creación Literaria da Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) pola obra Unha físgoa de esperanza (1993).
  • Participación na mesa redonda “Os xoves escritores” (Concello de Narón - 1995).
  • Charla-coloquio no C. P. Eugenio López de Cee (1998).
  • Conferencia sobre “Literatura Infantil” na facultade de Ciencias da Educación  da Coruña (1998).
  • Conferencia sobre “Literatura feminina” na facultade de Filoloxía da Coruña (1998).
  • Encontro Fomento da Lectura no IES Agra de Raíces de Cee (1999).
  • Charla-coloquio no C. P. Sagrado Corazón de Ferrol (2000).
  • Charla-coloquio no CEIP San Crimenzo do Pindo (2000).
  • Conferencia sobre “Literatura feminina” na facultade de Filoloxía da Coruña (2002).
  • Relatora na “Campaña Fomento da Lectura” e “Os nosos escritores” - Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (2000 - 2001 - 2003 - 2004).
  • Relatora nas IV Xornadas de Normalización Lingüística (2004).
  • Relatora no II Simposio Letras na Raia, AELG (2006).
  • Obradoiro literario na biblioteca de Riveira (2009).
  • Charla coloquio no CEIP Los Sauces de Vigo (2010).
  • Charla coloquio no CEIP Santa Eulalia de Dumbría (2010).
  • Obradoiro de literatura para docentes na Semana do Libro de Carballo (2010).
  • Participante no recital poético e musical “Camiños de amor e lúa”, das actividades do Xacobeo 2010 (Carral - Melide - Arzúa - O Pino) (2010).
  • Presentación d’O libro das viaxes Imaxiarias, de Xabier P. Docampo, nos III Encontros Cidade da Coruña: Literatura e viaxe (2010).
  • Relatora nas Xornadas de Formación do Profesorado “De Eduardo Pondal a Uxío Novoneyra. Roteiros literarios”, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (2010).
  • Relatora nas Aulas da Costa da Morte: “Información, comunicación, risco e vulnerabilidade” e “Información e comunicación na sociedade democrática” (2013).
  • Pregoeira das Festiletras do Couto (2013).
  • Pregoeira da Praza dos Libros do Concello de Carballo (2013).
  • Relatora no curso Cantar, contar e falar na Escola Infantil, do CFR (Xunta de Galicia - 2013).
  • Colaboracións en publicacións, presentacións de libros, prólogos, recitais, mesas redondas, debates, encontros con alumnos, obradoiros literarios diversos…
  • Columna de opinión semanal no xornal La Voz de Galicia desde xullo de 2006 ata a actualidade.
  • Contertulia (semanalmente) na Radio Galega e Radio Voz.
  • Colaboradora e copresentadora do programa Verbas Van; anteriormente, no programa Cifras e letras (TVG).

Galardóns literarios

  • A. C. O FACHO (A Coruña)
    • 1986 - 2º Premio Contos Infantís
    • 1987 - 1º Premio Contos Infantís
    • 1988 - 1º Premio Contos Infantís e 2º Premio Contos Infantís
    • 1989 - 1º Premio Contos Infantís
    • 1990 - 2º Premio Contos Infantís
    • 1991 - 2º Premio Contos Infantís
    • 1992 - 2º Premio Contos Infantís
  • A. C. XERMOLOS (Certame Literario da Terra Chá)
    • 1989 - 3º Premio Poesía
    • 1990 - 1º Premio Narrativa
    • 1991 - 1º Premio Narrativa e 3º Premio Poesía
    • 1992 - 1º Premio Narrativa e Mención especial Poesía
  • ONCE - Concurso de contos en Galego
    • 1992 - 2º Premio
  • II FEIRA DO LIBRO DE CEE
    • 1989 - 1º Premio Narrativa
  • A. C. TERRA DE SENA - Certame Letras Galegas
    • 1990 - 1º Premio Narrativa
    • 1991 - 1º Premio Narrativa
    • 1992 - 1º Premio Narrativa e 1º Premio Poesía
  • ACHEGAMENTO AO LIBRO (Biblioteca Pública de Cee)
    • 1992 - Premio Narrativa
  • DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Concello de Corcubión
    • 1991 - 1º Premio Narrativa e 1º Premio Poesía
  • FOMENTO DA LECTURA - FEDERACIÓN DE LIBREIROS
    • 1992 - 1º Premio (coautora dun traballo de investigación)
  • CERTAME Instituto Agra de Raíces
    • 1989 - 1º Premio Narrativa
    • 1990 - 1º Premio Poesía
    • 1991 - 2º Premio Poesía
    • 1993 - 2º Premio Narrativa e 2º Premio Narrativa
    • 1994 - 2º Premio Narrativa, 3º Premio Narrativa e 3º Premio Poesía
    • 1995 - Accésit Narrativa e 1º Premio Epistolar
  • RÚA NOVA (Narracións Xuvenís)
    • 1993 - Mención especial
    • 1995 - Mención especial
  • Certame FCO. FERNÁNDEZ DEL RIEGO
    • 1993 - Mención especial Poesía
  • Concurso de Contos Vila de Pontedeume
    • 1995 - Mención especial
  • Premio Arume de Poesía para Nenos (Fundación Neira Vilas)
    • 2009 - Mención especial
  • Premio Pura e Dora Vázquez (Deputación de Ourense), 2010             
  • XV Premio Avelina Valladares (Concello da Estrada), 2011  
  • Premio Arume de Poesía para Nenos (Fundación Neira Vilas)
    • 2013 - Mención especial
  • Finalista Premio Merlín de Literatura Infantil (2014, 2015 e 2016)
  • Premio Merlín de Literatura Infantil (2017)

Publicacións

Autora

  1. Bramido Maino, Edicións do Castro, 1997
  2. A pedra de seixo, Sotelo Blanco, 1997/2000
  3. Á espreita na penumbra, Sotelo Blanco, 1999
  4. Leo era un león, Ir Indo, 2002
  5. As tartarugas de verán, Biblos-Difusión, 2006
  6. Faíscas, Galaxia, 2009
  7. Entre papoulas, Everest Galicia, 2009
  8. Matías, un pito de campionato, Galaxia, 2010
  9. Do A ao Z con Neira Vilas, Everest Galicia, 2010
  10. A tartaruga de Martiño, Everest Galicia, 2011
  11. O papaventos de Laura, Deputación provincial de Ourense, 2011
  12. O crebanoces, Pablo Zaera Silvar, 2011. El cascanueces, Pablo Zaera Silvar, 2011. El cascanueces, Bululú, 2013
  13. Ronca o mar, Edicións Fervenza, 2011. Ronca el mar, Ediciones Pigmalión, 2011
  14. Xiana, a nena pirata, Everest Galicia, 2012
  15. Acuario, Edicións Embora, 2012
  16. Viaxes de Inverno, Everest Galicia, 2013
  17. Papá, que son os sorrisos?, Galebook, 2014
  18. Ana xa chegou!, Everest Galicia, 2014
  19. Pasen e miren, Bululú, 2014. Pasen y vean, Bululú, 2014. Passin i vegin, Bululú, 2014
  20. Vagalume de versos, Galaxia, 2014
  21. Druídas, Edicións Embora, 2014
  22. Acuario 2, Edicións Embora, 2014
  23. Rubicundo, Xerais, 2015
  24. Parar o mundo, Editorial Trifolium, 2015
  25. O día que choveu do revés, Edicións Xerais, 2016
  26. DisParo, Edicións Embora, 2016
  27. Non é París, Bolanda Ediciones, 2016
  28. O libro dos medos, Bolanda Ediciones, 2016
  29. Cando cae a luz, Urco Editora, 2016
  30. O neno Inverno, Galaxia, 2016
  31. A cazadora de estrelas, Edicións Xerais, 2017

Coautora

  • Revista NENAS - Festa da Palabra Silenciada (1988)
  • Revista XERMOLOS (1990 - 1992)
  • Contos dos nenos (ONCE - 1992)
  • Dezaseis relatos, Concello de Pontedeume, 1995
  • O trasno rebuldeiro, Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte (Asociación Neria - 1997)
  • Rumbo ás illas (1997)
  • Nós (Batallón Literario da Costa da Morte - 1997)
  • Mini-relatos (Librería Cartabón - 1999)
  • Narradoras (Edicións Xerais - 2000)
  • Relatos de verán (Ir Indo - 2000)
  • Achegamento ó libro (2001)
  • Lecturas de aquí e acolá 3º (Obradoiro Santillana - 2005)
  • Lecturas de aquí e acolá 4º (Obradoiro Santillana - 2005)
  • San Xoán (Concello de Carballo - 2006)
  • A Coruña á luz das letras (AELG - 2009)
  • Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega (Endymion - 2012)
  • O libro dos Reis Magos (Xunta de Galicia/Editorial Galaxia - 2012)
  • Los mejores poemas de amor (Ediciones Pigmalión - 2013)
  • Contos de taberna (Edicións Embora - 2014)
  • ¿A que altura está o ceo? (Editorial Alvarellos - 2016)
  • Será correcto? (Hércules de Ediciones - 2016). ¿Será correcto? (Hércules de Ediciones - 2016)
  • O que nunca che contaron (Edicións Obradoiro, col. Oqueleo - 2017)

Catálogo 2017

Descargar en PDF

Vídeo presentación

Presentación Oqueleo

Oqueleo