Entra / Rexístrate

Renè Goscinny

Un dos autores franceses de maior éxito en todo o mundo, con máis de 500 millóns de libros vendidos, traducidos a máis de trinta idiomas.

Naceu o 14 de agosto de 1926 en París. A súa familia emigra á Arxentina, onde toda a súa vida escolar se desenvolve no Colexio Francés de Bos Aires. A súa carreira profesional comeza en Nova York. Cando volve a Francia, a principios dos anos cincuenta, Goscinny crea toda unha serie de heroes lendarios: imaxina xunta a Jean-Jacques Sempé as aventuras do Nicolasiño. Logo, en colaboración con Albert Uderzo, Goscinny crea Astérix. A prolífica actividade de Goscinny lévao, ademais, á creación de Lucky Luke, con Morris; de Iznogud, con Tabary; dos Dingodossiers, con Gotlib; etcétera, etcétera. Guionista xenial, Goscinny dá toda a medida do seu talento de escritor a través das aventuras do Nicolasiño, un cativo capaz de temibles trasnadas e, ao mesmo tempo, dotado dunha inxenuidade conmovedora.