Entra / Rexístrate

Roald Dahl

Ademais de novelista, foi autor de contos para nenos e adultos. Algúns dos títulos de máis sona son Charlie e a fábrica de chocolateMatildaAs bruxas.

Naceu en 1916 nunha pequena vila do País de Gales. Aos sete anos, foi internado nun colexio inglés, onde sufriu o ríxido sistema educativo británico que reflectiría despois nalgúns dos seus libros. Participou na Segunda Guerra Mundial, fíxose piloto de aviación na Royal Air Force e foi derrubado en combate; por iso tivo que pasar seis meses hospitalizado. Despois, foi destinado a Londres e, en Washington, comezou a escribir as súas aventuras de guerra. Escribiu guións para películas; concibiu personaxes de sona como os Gremlins e algunhas das súas obras foron levadas ao cinema. Roald Dahl morreu en Oxford aos 74 anos.