Entra / Rexístrate

Naceu en Bruxelas en 1969. Fillo de emigrantes, viviu na súa cidade natal ata 1977. Estudou Primaria e Secundaria en Vigo, e diplomouse en Maxisterio de Primaria na Escola de Pontevedra en 1990. Desde o ano 2003, dá clases no colexio Divino Salvador de Vigo.

Obra

A lenda do Rei Lobo, Editorial Tambre, 2008.

A rapaza da fiestra, Editorial Tambre, 2010.

O corazón da maxia, Edicións Xerais, 2015.

Todos os soños, Editorial Tambre, 2015.

Avións de papel, Edicións Xerais, 2017.

Kibuko, Edicións Obradoiro (col. Oqueleo), 2017.

Premios

O corazón da maxia, finalista do Premio Merlín 2013.

Todos os soños, finalista da I Gala do Libro Galego (categoría: Literatura Infantil e Xuvenil).

Todos os soños, gañador do XII Premio Frei Martín Sarmiento (categoría: 5º e 6º de Primaria).

Avións de papel, finalista do Premio Merlín 2016.