Entra / Rexístrate

Aviso legal

O acceso, reprodución e utilización deste Sitio Web require a aceptación previa das Condicións de Uso vixentes en cada momento; Ediciones Santillana S. A. (en adiante, Santillana) resérvase o dereito de modificar as presentes Condicións cando o considere oportuno. É responsabilidade do usuario coñecer as Condicións de Uso antes de acceder aos produtos e servizos do Sitio Web; no caso de non estar conforme con elas, por favor, abstéñase de utilizalo.

PROPIEDADE 
O Sitio Web é unha obra composta por diversos elementos, integrados e inseparables (texto, ilustracións, fotografías, sons, música, imaxes animadas, vídeos, programas de ordenador, incluídos os códigos html do Sitio, etc.), cuxa Propiedade Intelectual lle corresponde a Santillana, agás no referente a aqueles materiais obtidos con licenza de terceiros. 

Santillana e os seus licenciantes reteñen en todo momento a Propiedade Intelectual sobre o Sitio Web e sobre os distintos elementos que o compoñen, individualmente considerados, en todas as copias que se realicen (calquera que sexa o soporte ao que se incorporen), concedendo sobre estes unicamente os dereitos de uso que, máis adiante, se describen. Calquera dereito que non sexa expresamente cedido tamén se entende reservado. 

Ademais do anterior, Santillana é responsable da selección, deseño da estrutura e disposición dos contidos do Sitio Web, así como quen tomou a iniciativa e asumiu o risco de efectuar os investimentos substanciais orientados á obtención, dixitalización e presentación del. Santillana adhírese aos requirimentos da Lei Nacional de Protección de Datos Persoais N° 25 326 e ás súas normas complementarias.

Santillana é tamén a única propietaria do deseño e imaxe gráfica do Sitio Web, reservándose as accións que legalmente lle correspondan contra as persoas que puidesen realizar imitacións ou usos desleais deste. 

As Marcas de Santillana ou de terceiros que aparezan no Sitio Web non poderán ser reproducidas ou utilizadas separadamente, fóra dos lugares do Sitio Web onde estas figuren. 

USOS PERMITIDOS 
Permíteselle a vostede:

  • Acceder e visualizar os contidos do Sitio Web no seu ordenador, quedando autorizada calquera reprodución temporal ou accesoria destes na memoria caché, sempre que a mencionada reprodución non sexa voluntaria e forme parte integrante e esencial do proceso tecnolóxico de transmisión.
  • Reproducir os contidos do Sitio Web de xeito permanente en calquera tipo de soporte informático (disco duro, disquete, etc.), salvo cando se trate dun centro servidor de redes ou dispositivo equivalente.
  • Realizar copias impresas dos contidos do Sitio Web, sexa porque as obteña durante o proceso de visualización ou a partir das copias por vostede almacenadas.

Cando expresamente así se indique (en especial, nos materiais susceptibles de descarga ou «download» desde o Sitio Web), a realización das operacións permitidas respecto dalgúns contidos requirirá do pagamento previo dunha cantidade en concepto de licenza, nas condicións que Santillana estableza na alínea correspondente. 

As operacións autorizadas poderán ser realizadas no ámbito privado e as copias dos contidos do Sitio Web, lexitimamente obtidas, só poderán ser utilizadas por vostede para o uso estritamente persoal. 

Quedan especialmente prohibidas as seguintes operacións respecto do Sitio Web, os seus contidos e as copias destes realizadas por vostede:

  • Calquera utilización fóra do seu ámbito persoal e privado, sobre todo aquelas que teñan fins comerciais ou profesionais.
  • A súa modificación e, en xeral, calquera transformación destes, incluída a tradución, adaptación, arranxo ou calquera outra transformación, incluída a corrección de erros dos programas de ordenador, dos que tampouco se poderán realizar versións sucesivas nin programas derivados.
  • A súa carga e/ou utilización en calquera sistema de rede de ordenadores aínda que o acceso a el non se poida realizar asemade polos distintos usuarios da citada rede.
  • Calquera tipo de extracción, comunicación pública e/ou transmisión, total ou parcial, por calquera medio, fóra do ámbito do uso permitido dos contidos do sitio Web e, en especial, a súa incorporación a calquera outra obra, incluídas páxinas web, coleccións ou bases de datos.
  • A remoción, ocultación ou falseamento dos avisos e advertencias sobre a Propiedade Intelectual do Sitio Web ou de calquera dos seus contidos.

LIGAZÓNS AO SITIO WEB 

Queda autorizado o establecemento de vínculos e hipervínculos co Sitio Web desde outras páxinas ou sitios web, sempre que estes non se fagan de xeito que prexudique a imaxe pública e de marca de Santillana, do Sitio Web ou de calquera das persoas ás que neste se faga referencia. Queda expresamente prohibida a utilización da técnica do «framing» no establecemento de vínculos co Sitio Web. 

Queda prohibido o establecemento de vínculos desde páxinas ou sitios web cuxos contidos fomenten ou fagan apoloxía, directa ou indirectamente, de calquera tipo de violencia, discriminación, pornografía ou actividade ilegal. 

Na creación dos vínculos, queda expresamente prohibida a utilización de elementos extraídos do Sitio Web sen o consentimento previo e expreso de Santillana. 

CONTIDOS DO USUARIO 
Vostede comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (como, por exemplo, servizos de «chat», foros de debate ou grupos de noticias), ofrecidos a través do Sitio Web, e a non os empregar para (I) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (II) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (III) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Santillana, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar os danos anteriormente mencionados; (IV) difundir contidos que atenten contra a imaxe e reputación de Santillana ou de terceiros. 

Vostede declara e garántelle a Santillana que posúe todos os dereitos de Propiedade Intelectual sobre as mensaxes e os contidos que introduza no Sitio Web. 

Santillana terá plena liberdade de decisión sobre se as colaboracións e mensaxes enviadas son finalmente publicadas no Sitio Web ou non, quedando facultada para retiralas cando estime oportuno. Santillana queda facultada para publicar os contidos por vostede subministrados de xeito parcial, resumido ou abreviado. 

Co mero envío dun traballo, colaboración ou comentario, vostede faculta a Santillana, ademais de a incluílo no sitio Web, para, en por si ou mediante a súa cesión a terceiros, proceder á súa reprodución, distribución e comunicación pública, en versión completa, condensada, adaptada ou abreviada, gratuíta ou onerosamente, en todo o mundo, en todos os idiomas e noutros produtos que realice. Os dereitos cedidos poderán ser exercitados en formato impreso, en calquera modalidade de edición, en soporte electrónico (óptico, magnético, magnético-óptico ou dixital) e por calquera medio de transmisión (en liña ou por satélite). 

A inclusión no Sitio Web de elementos proporcionados polos usuarios non implica apoio, patrocinio ou recomendación ningunha de Santillana sobre estes; por iso, Santillana non será responsable en absoluto respecto do seu contido e da súa licitude. 

CONTIDOS DE SANTILLANA 
Santillana resérvase o dereito de efectuar, sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas no Sitio Web; pode cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se ofrezan a través do Sitio Web coma a maneira na que estes aparezan presentados ou localizados. 

Aínda que Santillana se esforzará todo o posible en manter actualizada e libre de erros a información contida no Sitio Web, non ofrece garantía ningunha respecto da exactitude e posta ao día desta. Tampouco está garantida a obtención de resultado ou fin concreto ningúns, polo que vostede recoñece que o acceso e a utilización do Sitio Web é da súa exclusiva responsabilidade. 

Salvo cando expresamente se indique o contrario, vostede manifesta coñecer que as transmisións desde o Sitio Web non son realizadas nun medio seguro. Santillana non garante que o acceso ao Sitio Web sexa ininterrompido ou libre de erros, quedando exonerada de calquera responsabilidade por danos derivados do uso ou da imposibilidade do seu uso (incluíndo todos os danos indirectos; entre outros, a perda de beneficios, oportunidades de negocio, de información, etc.).

CONTIDOS DE TERCEIROS 
A inclusión no Sitio Web de elementos proporcionados por terceiros (que non sexan usuarios) non implica patrocinio, apoio ou recomendación ningunha de Santillana sobre estes; por iso, Santillana non será responsable en absoluto respecto do seu contido e da súa licitude. 

Polo feito de proporcionar, a través do Sitio Web, acceso (mediante vínculos ou «banners») con páxinas e sitios web, informacións, servizos, programas ou datos pertencentes a terceiras persoas, Santillana non se converte en editor dos citados contidos nin se fai responsable, directa ou subsidiariamente, de cantas reclamacións se poidan derivar da calidade, fiabilidade, exactitude, licitude ou corrección destes. 

ACCIÓNS LEGAIS 
Santillana perseguirá o incumprimento das anteriores Condicións de Uso, así coma calquera utilización indebida do Sitio Web ou dos seus contidos, as infraccións dos dereitos que lle correspondan a ela ou aos seus licenciantes, especialmente os de Propiedade Intelectual e Industrial, exercitando todas as accións, civís e penais, que lle poidan corresponder en Dereito. 

Catálogo 2017

Descargar en PDF

Vídeo presentación

Presentación Oqueleo

Oqueleo