Entra / Rexístrate

Quen somos?

Ler, ler, ler...

Ler é rir, chorar, tremer, descubrir, rebelarse, desexar, mesmo pasar un pouco de medo.
Ler é imaxinar, coñecer, divertirse, pensar, sentir, aprender, gozar.
Ler é un xeito de vivir.
Comezamos a ler de pequenos e seguimos a ler mentres imos medrando. Ler é unha forma de ser.
Somos o que lemos, somos Oqueleo.

Moitos libros foron publicados, e lidos, desde que a editorial Santillana, hai máis de 30 anos, achegara a mellor literatura ás escolas para ofrecer unha inesquecible colección que nos permitiu convivir con títulos e con personaxes que chegaron a formar parte das nosas vidas. Grazas a eles, e á tarefa conxunta de grandes profesionais do sector editorial e educativo, foi posible que milleiros de nenos e mozos tiveran as súas primeiras experiencias lectoras e viviran indescritibles e fantásticas aventuras. Sobre estes sólidos fundamentos constrúese Oqueleo, o novo selo de literatura infantil e xuvenil de Santillana/Obradoiro. Un proxecto que aposta pola calidade literaria e o compromiso, a diversión, a reflexión, a creación e a recreación de universos imaxinarios.

Oqueleo mantén o fondo histórico de Alfaguara/Obradoiro e abre o catálogo a novos talentos da escrita literaria e da ilustración.

Na nosa colección poderás atopar:

• Escritores e ilustradores de sona nacional e internacional.

• Títulos inesquecibles sen data de caducidade.

• Novidades que espertan o desexo de ler con avidez.

Oqueleo nace coa vontade de ser un espazo común para que os lectores se sintan membros dun colectivo numeroso, entusiasta e cómplice que lles permita afirmar que non estamos sós, que somos moitos. Oqueleo potenciará o contacto permanente cos lectores e cos mediadores (docentes, libreiros e familia) a través dos seus perfís en Twitter e Facebook. As redes sociais permitirán compartir experiencias, recomendacións de lectura…; en definitiva, sentirse membros activos dunha comunidade lectora.

 

Somos o que lemos, somos Oqueleo.

Catálogo 2017

Descargar en PDF

Vídeo presentación

Presentación Oqueleo

Oqueleo