Entra / Rexístrate

Actualidade

Celebramos o Día Roald Dahl

Guionista, correspondente de guerra, piloto, inventor, espía na Segunda Guerra Mundial... Pensarás que estamos a falar dun superheroe agochado entre humanos detrás duns lentes de pasta, e non andarías moi equivocado. Roald Dahl é o claro exemplo de que «un pouco de maxia pode levarte lonxe» e hoxe queremos felicitalo no seu 101 aniversario.

A súa extensa obra fixo rir a grandes e cativos desde que publicara Os Gremlins. Fantasía, creatividade e moita imaxinación serán o que nos suba a un melocotón xigante, para viaxar ata o país do Gran Xigante Bonachón e embotellar soños que, máis tarde, serán realidade ao navegarmos por ríos de chocolate na fábrica de Wonka. Dahl aprenderanos que cun chisco de maxia das mans de Matilda se pode crear unha marabillosa medicina, que provoca gargalladas en quen o le e contaxia a paixón pola lectura.

Convidámoste a quitarlle o po ao disfrace de Bruxa ou Umpa-Lumpa, encher a mesa de larpeiradas e celebrar con nós o seu día.

Parabéns, Roald Dahl!

Escritores relacionados