Entra / Rexístrate

Quen somos?

Oqueleo é o selo de literatura infantil e xuvenil galega de Santillana. Amamos este xénero porque nos inxecta vida e nos axuda na busca das respostas que precisamos. Ler permítenos aprender, reflexionar, emocionarnos, divertirnos, gozar…, medrar.

Apostamos pola literatura de calidade, valente e atemporal. No noso catálogo conviven grandes voces da literatura infantil e xuvenil, títulos senlleiros e novos talentos. Colleitamos ideas, propoñemos historias que emocionan, divirten, educan, provocan e transforman.

Somos unha comunidade lectora formada polas persoas que amamos os libros: docentes, estudantes, familias, tradutoras e tradutores, libreiras e libreiros, persoal de biblioteca… Un proxecto vivo que medra da man de todos os axentes da cadea do libro e da lectura, con quen estamos en contacto a través de diferentes foros culturais en que participamos, redes sociais e a nosa web.

Gústanos ler. Gústanos editar. Gústannos os libros.

Porque cada libro que les acaba por se converter no libro que xa es.

Son Oqueleo