Entra / Rexístrate

Actualidade

5 plans que non podes perder no verán

Que aínda non sabes o que facer nos meses verán? Pois Oqueleo dáche ideas para gastar esa cantidade de tempo libre. Toma nota:

  1. Non esquezas comer o mellor xeado. Busca a mellor xeadaría preto da casa, da casa dos avós, do cámping ou o parque onde xogas e pide ese antolliño que desde hai tempo che di «Ven a min!».
  2. As noites de cine de verán son un clásico que nunca morre.
  3. Goza dun pícnic de verán ao aire libre. Praia ou montaña é indiferente, o importante é pasalo ben e comer de forma equilibrada.
  4. Lembras iso que sempre dis que non fas porque non tes tempo, agora é o momento de aprender a cociñar, quedar con esa amiga que vive lonxe, escribir os teus pensamentos, perfeccionar o teu estilo nadando…
  5. Encontra o sitio apropiado, o que máis sombra teña, o máis cómodo, o máis tranquilo, para ler ese libro ao que lle botaches o ollo. E se aínda non sabes cal, bótalle un ollo á nosa selección para o verán.