Entra / Rexístrate

Actualidade

5 trucos para facer un bo rap

As letras son esenciais en calquera xénero, pero especialmente no rap a letra, o ritmo e a rima van da man.

Que non sabes rapear? Por sorte, creamos una guía paso a paso. Anota:

  1.        Para escribir algo impactante, terás que escribir sobre algo que coñezas. Os raps baséanse nas rimas, experimenta con elas e improvisa. Non esquezas gravar o que escribes e o ritmo con que o cantas. As musas e a memoria ás veces abandónannos.
  2.        Elaborar un gancho convincente, esta será a parte da canción coa que quede o oínte.  Normalmente no retrouso dunha canción expresar o tema xeral dela.
  3.        Traballar o ritmo. Grávate rapeando ao ritmo da canción. Volve escoitalo e pensa en que letras tes que pronunciar máis e onde podes poñer a énfase para mellorar o teu fluxo.
  4.        Se algunha vez te sentes falto de inspiración, mira cara a outros artistas. Todos os grandes artistas aprenden dos que os precederon. Que ten a letra de a canción que é tan impactante? Como funciona a melodía do gancho co resto da canción? Que rimas che chamaron máis a atención?
  5.        Rap It Up! O mellor xeito de converterse nun gran rapeiro é escribir unha canción, ¡e despois escribir máis!

Agardamos que esta guía che facilite a tarefa de escribir a túa propia canción de rap. Lembra que a práctica fai a perfección.

E ten en conta que non só podes pasalo ben senón que podes aprender a ritmo de rap. Agora, ademais, hai moitos mozos e mozas que rapean en galego e que están ben recoñecidos no panorama musical. Investiga o proxecto das regueifas nos centros educativos e é que... hai materia!