Entra / Rexístrate

Actualidade

6 motivos que te convencerán para que recicles

R que R coa reciclaxe. Outro ano máis celébrase o Día da Reciclaxe co obxectivo de concienciar a sociedade sobre a importancia que ten tratar os refugallos como corresponde, para non contribuír ao cambio climático, e así protexer o medio ambiente. Pero vexamos os motivos que te poden convencer para que a reciclaxe forme parte do teu día a día

  • Un refugallo pode introducirse de novo no ciclo da vida.

  • Faise un mellor uso dos recursos naturais.

  • Redúcese o impacto ambiental: merma a contaminación do aire, da terra e da auga.

  • Redución de custos asociados á produción de novos bens.

  • Aforro de enerxía e polo tanto reduce a dependencia do petróleo.

  • Obriga á sociedade a idear formas creativas de redeseñar os nosos obxectos e darlles nova vida.

E se nada disto te convenceuquizaiso faga a selección de lecturas enmarcadas na campaña en favor da sostibilidade. Non deixes de aproveitar todos os recursos que che proporcionaEcolectores. Porque o cambio tamén crece nos libros.