Entra / Rexístrate

Actualidade

decorar un dormitorio infantil

7 ideas que ten en conta para decorar un dormitorio infantil

O noso cuarto é sempre o lugar onde a comodidade é a palabra que prima. É a nosa cova, o noso espazo máis persoal e por iso decoralo ao noso gusto é unha necesidade. Tamén para os nosos fillos e fillas é o lugar en que xogan, estudan e se expresan.

Necesitas algunhas ideas para decorar o seu cuarto?

  1. Regra n.º1 decorade o espazo xuntos.

  2. Coloca espazos para almacenaxe e que todo poida quedar recollido.

  3. Busca lembranzas felices e cólgaas pola parede en marcos, con imáns, en cordas, etc.

  4. Ten en conta que os fillos medran e que os mobles deben medrar con eles. Elixide mobles que se poidan regular en función da altura.

  5. Que é o que máis lle gusta? Pois que iso sexa o tema que vertebre a decoración do cuarto. Avións, libros, bonecas, deporte, etc.

  6. Lembra que xogan acompañados, deixa espazo para os amigos e as amigas.

  7. Fixa un espazo para a súa biblioteca e que a ordene do xeito que mellor lle avíe: por cores, editoriais, xéneros… Somos o que lemos!

Se precisas axuda, aquí vai unha idea extra para que poidas cumprir coa regra nº 1. Descarga este traballo manual de Lobo Ramón para que poidades facer unha lámpada.

Fabrica a túa propia lámpada

Escritores relacionados