Entra / Rexístrate

Actualidade

Ata o vindeiro curso

7 trucos para sobrevivir ao inicio de curso

A mochila, o estoxo, o bocadillo, os libros de texto… Moitas son as cousas que hai preparar cada comezo do curso pero pouco se fala de como se sobrevive ao cambio das vacacións ao inicio do curso. Aquí van 7 trucos infalibles:

  1. Afai o corpo aos madrugóns. Unha semana antes de comezar as clases déitate un pouco antes, verás como non che custa tanto erguerte antes.

  2. Non deixes a compra dos materiais e libros para o último momento, hai veces que se esgotan.

  3. Faite cunha axenda para anotar todas as citas e que non che esqueza ningunha.

  4. Se es das persoas que desgasta os libros sempre podes forralos. Hai moitos papeis distintos, seguro que hai un para ti.

  5. Se es das persoas ás que lle entran os nervios, fala con alguén sobre o teu estado de ánimo. Conversar sempre axuda.

  6. Se xa coñeces os compañeiros e as compañeiras, podes quedar unha tarde e tratar de coñecer ao resto para que as persoas novas non se sintan soas.

  7. E por suposto lembra que hai moitas cousas na vida que son obrigatorias pero a lectura non debe ser unha delas. Hai un libro para cada persoa, só tes que dar co que che abra as portas ao mundo de a literatura.