Entra / Rexístrate

Actualidade

A intelixencia emocional do corazón

Día Internacional do Corazón

Cal é o estado de saúde da túa intelixencia emocional? Os seres humanos posuímos “neuronas espello”, con que reflectimos as emocións das persoas que nos rodean. Cando lemos, entramos noutras vidas, empatizamos cos diferentes sentimentos d@s protagonistas das nosas lecturas. Convertémonos en cazador@s de emocións alleas: rimos e choramos ao mesmo tempo ca elas e eles, e ata podemos chegar a pasar algo de medo xunt@s.

Cada libro agocha unha viaxe emocionante.

Estás preparad@ para sentir latexar outros corazóns?