Entra / Rexístrate

Actualidade

A lectura únenos

No Día Internacional do Libro celebramos a tolerancia, a paz, a solidariedade, a convivencia e a diversidade como pobo, rexión ou persoa.

Sirva de exemplo esta nosa mestura de culturas cociñadas a pouco lume durante séculos. Dan boa razón diso as distintas linguas: galego, castelán, catalán, éuscaro... que lonxe de separarnos, únennos porque nos fan máis fortes. A diversidade achéganos, enriquécenos, vincúlanos e é por iso que debemos conservala. Desde Oqueleo, Jollibre, Begiko e Loqueleo tratamos de dar voz, espazo e sentido a todas as linguas para favorecelas e que non desaparezan, e ao tempo cumprir cun dos puntos estrela da nova lei educativa.

A lectura únenos. A través dela viaxamos a lugares descoñecidos, gozamos de distintas gastronomías, coñecemos tradicións diferentes, empatizamos con habitantes doutros lugares… enriquecémonos como persoas. Aprendemos a respectar e gozar das diferenzas.

Unidos e unidas pola lectura.

Feliz Día do Libro!