Entra / Rexístrate

Actualidade

A lectura unenos

A lectura únenos

Ler é imaxinar, tremer de emoción polo que imos descubrir, navegar cara a outras vidas, divertirse, aprender e medrar con cada palabra. É una viaxe universal que comeza en calquera lugar do mundo, nas mans de calquera persoa. Ao longo da vida, lectores e lectoras de todas as condicións danse cita entre as páxinas dun libro e crean un vínculo invisible e poderoso: unha conexión que lles vai permitir ocupar outra pel e que se vai traducir en respecto, solidariedade, concienciación…

Ler fainos formar parte dunha comunidade que non coñece barreiras, fronteiras ou diferenzas; unha comunidade é o que le e o que viviu na súa lectura. Porque a lectura é diversidade, empatía, enriquecemento… e axúdanos a sacar o mellor de nós mesmos.

A lectura únenos.