Entra / Rexístrate

Actualidade

A sorte, búscase ou atópate?

Recentemente celebrouse o acto no que máis persoas dependen da sorte: o sorteo da Lotería de Nadal. Nin o número da data do nacemento da túa nai, nin a data na que se inundou a túa vila, nin ese número que é bonito por unha estraña razón, nin o proxectarse no mellor dos casos, farán que poidas intervir na sorte.

Hai polo menos dous xeitos aos que se pode referir cando se utiliza este termo. Un racionalista, que inclúe a aplicación das leis da probabilidade na que a sorte se percibe como unha cuestión do azar. Hai tamén outra idea que se basea en crenzas espirituais ou sobrenaturais que realizan certos rituais e evitan certas situacións para así esquivar a mala sorte. Un espello roto, as persoas con chepa, a cor amarela, a barriga das embarazadas, pasar debaixo dunha escada, tirar sal, un gato negro… sóache de algo de todo isto?