Entra / Rexístrate

Actualidade

Avoíño, dime ti

Segundo os psicólogos infantís os avós son unha das figuras máis importantes do grupo familiar e crean un vínculo moi especial cos netos e coas netas. Ademais, este vínculo de amor non vai nunha soa dirección, xa que o afecto e a diversión contribúen á saúde emocional dos avós, facéndoos sentir útiles, activos e felices. Son consentidores, tenros e cunha gran sabedoría. Sempre están aí para darnos mecos, aconsellarnos e coidarnos con tenrura. Adoitan ser os proporcionadores dos antollos de netos e netas: ora un xeado, ora lévame ao parque, non me quero bañar… pero tamén son un modelo que seguir, a través da transmisión de valores e ensinanzas ás novas xeracións, para enfrontar as adversidades e dificultades da vida.

Sabes que a protección dos máis anciáns aos mozos non é só algo que suceda entre humanos? A natureza é moi sabia.