Entra / Rexístrate

Actualidade

Cinco traballos manuais para decorar o Nadal

Hai épocas do ano en que é necesario darlle algo de ambiente á casa e ese momento por antonomasia é o Nadal!

Aquí van cinco ideas fáciles e moi económicas para decorar a casa, o portal, a aula e incluso para enviar algúns bos desexos ás persoas que están lonxe:

1. Felicita o Nadal con orixinais postais. Só tes que dobrar unha cartolina e engadir á que será a portada unhas follas secas, purpurina, estrelas, un lazo ou incluso unha foto túa da que saia un globo de diálogo felicitando o Ano Novo.

POSTAIS PARA FACER COA RAPAZADA

2. Podedes aproveitar os cartóns do papel para facer figuras de Nadal. Á parte dos cartóns, só ides necesitar poucas cousas máis, como pinturas e cartolinas. Ideas: boneco de neve, Reis Magos, renos…

FIGURAS DE NADAL

3. As candeas son un dos elementos decorativos máis utilizados durante o Nadal pero ¿sabías que podes decoralas ao teu gusto se as recobres de paus de canela, se lles pegas purpurina ou se as forras con larpeiradas? Un truco! Unha simple candea sobre unha botella vese máis bonita.

CANDEAS CON PAUS DE CANELA

4. As coroas de Nadal decoran as portas de moitos fogares e seguro que case todas son iguais. Gustaríache que a túa destacase? Proba a facela sobre unha cama de porexpán con botóns de cores e tamaños diferentes ou ben con palliñas ou con pinzas da roupa que previamente decorases.

COROAS ORIXINAIS

5. E que me dis se facemos unhas bólas para a árbore orixinais con piñas, algodón, cortizas de botellas, caramelos…

BÓLAS PARA DECORAR A ÁRBORE

Quedaches con ganas de máis? Bótalle un ollo ás ideas que che propoñen neste vídeo.

Non vas poder dicir que o Nadal é aburrido e consumista.