Entra / Rexístrate

Actualidade

Cinco trucos para captar lectoras e lectores

Aceptémolo, hai lectores e lectoras que non saben que o son porque niguén ou ningún libro conseguiu abrirlle a marabillosa porta da literatura.

Aquí van uns trucos para enganchar a xente nova. Anota.

  1. Deixa que elixa, de nada che vai servir que obrigues a alguén a ler sobre algo que non lle interesa. Trátase de que se mergulle na literatura, máis adiante terá tempo (e seguro que ganas) de ler outras cousas.
  2. Hoxe en día hai moitos estímulos visuais, así que o escritor ou escritora debe formular unha boa historia e contala de forma atractiva. Buscade ese libro.
  3. Busca referentes que funcionen como espello. Pode ser que o seu cantante, youtuber ou amigo favorito recomende un libro e por curiosidade poida que se achegue a el.
  4. Hai que visitar as librerías e bibliotecas con asiduidade para que non vexan eses espazos como hostís e poidan satisfacer a súa curiosidade.
  5. É primordial dar exemplo. Ler é un acto importante, pero ler cos fillos e fillas é imprescindible.

 

E se con todo isto aínda non sabes que libro vai ser o elixido, podes procurar entre as nosas recomendacións por temas na Zona Docentes.