Entra / Rexístrate

Actualidade

Confirmado: ninguén é perfecto

«E sábelo!», que diría o famoso meme.

Unha verruga no pescozo, un carácter endiañado, unha perna máis curta ca a outra, poucas aptitudes para o deporte… Son moitas as cousas que nos fan darnos de conta de que non hai ninguén que non teña un defecto, algo que agachar pero, debemos ocultar estas cousas que, por outra parte nos fan humanos?

O 1 de marzo, Día da Cero Discriminación, celébrase o dereito de todas as persoas a vivir unha vida plena e produtiva con dignidade, poñendo de manifesto como todas as persoas poden informarse e fomentar a inclusión, a compaixón, a paz. É, en definitiva, un movemento polo cambio.

Fixádevos se non en Lobo Ramón, un animaliño que consegue apoderarse e vestir e ser como máis lle gusta e, de paso, facer un oco no que se sente feliz coa veciñanza e con amigos e amigas; ou nas mozas protagonistas de Un choque inesperado, que non só salvan a súa cidade e o mundo coa súa afouteza, senón que tamén viven o seu día a día tratando de ter a mellor vida posible coas circunstancias que lles tocaron.

Este ano o tema é «Eliminemos as leis que prexudican, creemos leis que apoderan».