Entra / Rexístrate

Actualidade

Cres que o sabes todo de Michael Ende?

Aquí van algunhas curiosidades que posiblemente non sabías.

  1. Non facía distinción entre literatura para nenos e para adultos. Á hora de escribir non diferenciaba porque el non consideraba que cambiara ao crecer.
  2. Antes de escritor traballou como actor, guionista de espectáculos de cabaret e crítico cinematográfico.
  3. O seu pai foi un pintor surrealista (aínda que quedou relegado a masaxista durante o goberno de Hitler). A vida e obra de Michael víronse moi influídas polo pai e polo seu entorno xa que viviu rodeado de escultores, escritores e pintores.
  4. Michael Ende escribiu e amou a literatura, algo que se nota nas estruturas máis complexas (metaliteratura) e apelacións ao lector.
  5. Os seus libros traducíronse a máis de 40 idiomas e venderon máis de 45 millóns de exemplares.
  6. Ende, en alemán, significa final. Michael Ende non deixou pasar isto nin como ferramenta de traballo nin como chiscadela ao lector.
  7. Renegou da adaptación cinematográfica de A historia interminable e chegou a solicitar a súa eliminación dos créditos. Dixo textualmente que lle parecía “repugnante”.
  8. En 1973 publicou Momo, aínda que con grandes dificultades debido á dura crítica social que entraña a historia. En 1974 foi galardoada co "Premio de Literatura Adolescente de Alemaña".
  9. Quizais a Vetusta Morla, d’A Historia Interminable, e Casiopea, de Momo, sexan as dúas tartarugas máis coñecidas de Ende, pero non son as únicas.
  10. Podes visitar o Michael Ende Museum en Múnich, Alemaña. Encontrarás obras do autor en diversos idiomas, manuscritos, pinturas do pai, libros da súa biblioteca privada, e a súa  colección de figuras de tartarugas feitas de todas as clases de materiais.

 Quedaches con gana de saber máis? Descarga a nosa infografía sobre Momo, cólgaa na túa aula, enmárcaa para o teu recuncho de lectura ou comparte nas redes todas as súas curiosidades.

Curiosidades de Momo

Escritores relacionados