Actualidade

16-10-2020
Cultivar, nutrir, preservar. Xunt@s
Este ano, no Día Mundial da Alimentación, faise un chamamento á solidariedade para conseguir que os alimentos saudables cheguen a todos os recunchos do planeta. É o segundo dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) de que tanto se comenta.
O lema de 2020 é "Cultivar, nutrir, preservar. Xunt@s"; de aí que pretendamos facerlles unha homenaxe ás heroínas e aos heroes da alimentación de todo o mundo, que plantan, cultivan, pescan ou transportan os alimentos para tod@s nós.
Sen esquecer en ningún momento as heroínas e os heroes da educación, @s docentes, que plantan cada día no seu alumnado a semente do saber.
Cada libro, unha semente.
Cada reto, terra de cultivo.