Entra / Rexístrate

Actualidade

De cabazas, bruxas e esqueletos

Sabes como comezou Halloween?

As orixes de Halloween remóntanse a hai máis de 3.000 anos cando os pobos celtas celebraban o ano novo, chamado Samhain, no que hoxe consideramos o día 1 de novembro. A véspera deste festival da colleita críase que os espíritos camiñaban pola Terra mentres viaxaban ao máis alá, xunto con outras criaturas, como fadas e diaños. Este ritual servía para despedir a Lugh, o deus do Sol, e dar a benvida ás noites curtas e frías que traía consigo o outono. Ademais de sacrificar animais aos deuses e reunirse arredor de fogueiras, os celtas levaban disfraces e máscaras para confundir os espírituos, ou quizais para evitar que os posuísen e ían de casa en casa pedindo comida e bebida para ofrecerlles aos deuses.

A que é curioso que esta tradición milenaria desembocara en Halloween? A que aínda quedas con máis gana de saber se che digo que aquí se celebra esta festa como Samaín? Xa podes poñerte a investigar, porque hai mooooooitas cousiñas que che van interesar!

Se che apetece mergullarte entre cabazas, bruxas e esqueletos, busca e encontra entre a nosa selección de lecturas a historia que che poña os pelos de punta.