Entra / Rexístrate

Actualidade

DEZ plans imprescindibles para o Nadal

Cando chegan estas datas hai unha serie de plans, actos e conmemoracións aos que non podes faltar. Convidámoste a facer check nestes dez que che propoñemos:

  • Ir dar unha volta para ver a decoración de Nadal da túa localidade ou doutras próximas. É certo que unhas son máis espectaculares ca outras, pero seguro que todas teñen o seu encanto!
  • Reúnete coa familia, iso si, sempre cumprindo as normas que estean vixentes en canto a número de persoas que se poden xuntar.
  • Mércalles agasallos aos seres queridos para agradecerlles o seu cariño. Lembra que un libro sempre é un bo regalo.
  • Come turrón, roscón de Reis, mazapáns, tellas, rosquillas, goxua, manteigados, pestiños, troitas de batata, casadielles… pero lembra tamén levar unha vida activa, necesaria para preservar a saúde ante tanta abundancia.
  • Pon e decora a árbore de Nadal. Se non tes na casa unha natural fóra, sempre se pode decorar unha mercada dalgún material que durará uns cantos anos.
  • Limpa os calcetíns para Papá Nöel, enche a barriga para o Apalpador, deixa comida para os camelos dos Reis Magos, pórtate ben para que o Oletzero pare na túa porta... Hai tantas e tan variadas tradicións que podes seguir aquela que teña máis sentido onde te atopes no día sinalado.
  • Non esquezas as panxoliñas, a pandeireta, o pandeiro... Que a música nos poña os corazóns quentiños!
  • Todo o ano é bo para os bos desexos, pero no Nadal puntúan dobre. Fai unha lista deles compárteos coa xente que máis queres.
  • Non esquezas comer as 12 uvas o último día do ano. Estade atentos aos cuartos, que sempre hai alguén que se confunde!

Por riba de todo goza, ama, comparte e ri.


Feliz Nadal!

Felices lecturas!