Entra / Rexístrate

Actualidade

Día das escritoras

Benvidas e benvidos á VII edición do Día das Escritoras! Con este día reivindícase o labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia. Algo que xa che vimos contando, entre outras cousas coa nosa campaña Elas contan.

“Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo (directora de a Biblioteca Nacional de España) recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”.

O tema elixido este ano é «Antes, durante e despois das guerras». Grazas aos testemuños de moitas mulleres poderemos gozar da escoita de textos de dramaturgas, novelistas, xornalistas, líderes medioambientais, profesoras… Autoras tan indispensables como Elena Fortún, Montserrat Roig ou Almudena Grandes, pero tamén tan necesarias como Aida Cartagena Portalatín, Nellie Campobello, Alaíde Foppa ou María Elena Walsh.

Se queres saber máis sobre as actividades que se farán durante esa xornada consulta as web BESCOLARESGALICIA e BNE-DIA DAS ESCRITORAS