Entra / Rexístrate

Actualidade

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe deberiamos estar nas librarías na procura de historias para lles regalar aos nenos e ás nenas que queremos, pero este ano a celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil é diferente. Aínda así, esta xornada non vai perder nin a cor nin a alegría que a caracterizan, só adiaremos a nosa cita con elas ata o momento en que poidan abrir a súa casa para recibirnos coa calidez de sempre. Iniciativas como #GaliciaLe permítennos percorrer andeis virtuais repletos de libros para gozar deles nunha lectura, que enriqueceremos se a compartimos facéndoa en voz alta.

Oqueleo dedícalle o Día do Libro Infantil e Xuvenil 2020 a Xabier DoCampo, incansable contador de historias e un dos referentes da LIX de noso. Con el aprendemos que “o acto de amor máis sublime que existe é contar unha historia”… fagámolo, leámoslle contos a quen nos rodea, hoxe e sempre.

Feliz día, amig@s!