Entra / Rexístrate

Actualidade

Día Internacional Contra a Violencia e o Acoso na Escola

Segundo un recente informe da UNESCO, case un de cada tres alumnos e alumnas foi vítima de acoso na escola, polo menos, unha vez durante o último mes. O acoso é sinónimo de maltrato verbal, social, psicolóxico e/ou físico, que comeza na escola e logo se estende a través de Internet con correos electrónicos intimidatorios, difusión de fotografías retocadas, difamación en redes sociais e ata a creación de páxinas web con contidos agresivos. Este tipo de fenómeno, coñecido como ciberacoso, lamentablemente, tamén experimentou un notable aumento.

As consecuencias do acoso escolar son dramáticas. Algunhas delas son a falta de concentración, a conduta suicida, o illamento voluntario, a ansiedade, os trastornos alimenticios… 

Fagamos que os sinais de socorro destes nenos, nenas e adolescentes sexan visibles. Lembra que, se non fas nada, serás cómplice deste tipo de violencia. Di NON ao acoso.

Monstros? Só nos contos!