Entra / Rexístrate

Actualidade

Día Internacional da Enfermaría

A pandemia do coronavirus transformounos a vida e a nosa visión do mundo. Tod@s nos esforzamos en deter o seu avance, pero especialmente hoxe, Día Internacional da Enfermaría, é a eles e a elas a quen lles queremos enviar un inmenso GRAZAS.

Grazas por coidarnos, por non dubidar en poñer en risco a vosa vida para atendernos, por emocionarnos e mesmo por entreternos. Grazas por lle cambiar o final a este libro que ninguén querería publicar, por lle engadir a esta historia palabras esperanzadoras, por serdes personaxes imprescindibles, e convertervos nos superheroes e superheroínas de bata branca que nunca desexastes chegar a ser.