Entra / Rexístrate

Actualidade

Día Internacional da nena e da muller na ciencia

Martina. Presente.

Vanesa. Presente.

Rosa. Presente.

Xulia. Presente.

Moitas mulleres dedicáronse, dedícanse e dedicaranse ás áreas científicas. Por iso o 11 de febreiro quérese dar visibilidade a todas esas mulleres e nenas que son e que se desenvolverán no mundo da Ciencia.

Relatámosvos, así, brevemente algunhas das razóns polas que a muller se afasta da Ciencia:

  1.        Falta de referentes. Tirón de orellas para os manuais que se manexan no ensino.
  2.        Distintas expectativas de traballo en adolescentes que dependen do sexo. A ameaza do estereotipo.
  3.        Nesgo nas avaliacións e recoñecemento de méritos en contra das mulleres: para o mesmo grao de produtividade e méritos, a muller é considerada menos competente.
  4.        As mulleres parecen ter menos interese no liderado como motor da súa carreira.

As reivindicacións son necesarias porque as mulleres supoñen máis da metade dos habitantes deste planeta. Pero é máis necesario aliarnos porque unidas somos máis fortes. A Ciencia xúntanos. A lectura únenos.

Se queres saber máis sobre este día e tes unha mente inquieta, animámoste a investigar na rede o una biblioteca e, como non, a buscar respostas.