Entra / Rexístrate

Actualidade

Día Internacional dos community managers

Comuniti que?  Community managers!

Son os encargados de xestionar a interacción dunha marca cos seus clientes e seguidores por medio das redes sociais.

A demanda de community managers é abraiante nos últimos anos, xa que se xunta a necesidade das marcas de establecer contacto directo cos clientes e que cada día son máis as esixencias do público en canto á súa interacción nas redes sociais.

Pero a que se dedican?

  1.        Interaccionan cos usuarios coidando a linguaxe á hora de responder.
  2.        Estudan as estatísticas dos diferentes perfís para ver se a estratexia vai como se planeou ou hai que realizar axustes.
  3.        Programan as publicacións en cada rede social.
  4.        Enchóupanse das noticias do sector. Deste xeito comparten, informan e enriquecen o contido da marca.
  5.        Atenden os momentos de crises sociais para evitar que o problema chegue máis lonxe.

Agora xa sabes quen e como fai a persoa que está atrás das miles de redes sociais que visitas?

Forma parte dunha comunidade (ou de varias) pero sempre respectando. Forma parte da nosa comunidade lectora. A lectura únenos.