Entra / Rexístrate

Actualidade

Día Internacional dos Días Raros

Seguro que non te sorprenden días como o Día da Nai ou o Día da Música pero, va que non podías imaxinar que houbera un Día Mundial do Orgullo Zombi ou o día do Fillo do Medio?

Pois si, liches ben. Todos os meses hai celebracións raras, con todo, teñen bastante importancia nalgún lugar do mundo. Queres saber algúns deles? Pois aí van uns cantos: 10 de xaneiro: Día Mundial da Xente Peculiar, 9 de marzo: Día Mundial da Tortilla de Patacas, 21 de xuño: Día Mundial de levar ao Can ao Traballo, 7 de outubro: Día Mundial dos Calvos, 23 de xullo: Día de Batman…

Quedaches con gana de máis? Pois busca e sorpréndete pero, sobre todo e o máis importante, aprendamos a convivir cos raros e coas raras porque poida que ti sexas un deles e non o saibas.