Entra / Rexístrate

Actualidade

Día Mundial da Tapa

Hoxe enchemos a mesa de petiscos e bocados apetitosos para celebrar o Día Mundial da Tapa. Temos caldo de aventuras, empanada de emocións, queimada de ilusión, polbo á maxia e moita, moita fame de lectura.

Ir de tapas é unha das tradicións máis nosas. Unha icona gastronómica moi variada, pero que ten elementos en común coa lectura. Bocado a bocado, saciamos a curiosidade e alimentamos a nosa mente. Medramos con culleradas de creatividade, condimentadas con igualdade, ciencia, sentimentos, tolerancia, respecto… Grandes temas que marcarán as habilidades, coñecementos e valores das persoas que construirán ese mundo mellor que tod@s desexamos.

E agora que che contamos isto… sabes xa que título aparecerá na tapa da túa próxima lectura? Non quedes con fame!