Entra / Rexístrate

Actualidade

DÍA MUNDIAL DA XUSTIZA SOCIAL

É xusto ou non?

Nacións Unidas teno claro e nós tamén o deberiamos ter. O Día Mundial da Xustiza Social reivindica a igualdade dos dereitos e das obrigas de cada ser humano na sociedade.

Detrás de cada inxustiza hai unha historia e, detrás de cada historia, un valor que debemos aprender e comprender. Pensaches cales son algunhas das maiores inxustizas da nosa sociedade?

  • A ausencia de emprego pleno e digno.
  • A desigualdade entre sexos.
  • A persecución de minorías.
  • A pobreza.
  • A destrución da Natureza.

Estes son só algúns exemplos. É moita hora de reflexionar sobre que podemos facer para que este mundo sexa máis equitativo. O desenvolvemento da sociedade non ten sentido ningún se non redunda nun benestar real e sostible.