Entra / Rexístrate

Actualidade

Día Mundial do Medio Ambiente

Hai demasiado tempo que maltratamos o medio ambiente. Agresións ao mar, invadíndoo de plástico; cortinas de fume no ceo por mor dos carburantes; masacre das especies en perigo de extinción; aniquilación do consumo responsable…

Stop! Temos que frear este maltrato, comprometéndonos a loitar contra o cambio climático, prometendo facer, cada día, xestos sinxelos, pero de grande impacto nas nosas vidas (ir en bici, ducharse no canto de bañarse, aproveitar os alimentos, fomentar o consumo de barrio…).

Quen mellor ca as persoas adultas para lles dar exemplo ás nenas e nenos dos beneficios derivados de coidar o planeta? O que comeza coma unha tarefa acaba por se converter nun divertimento en que aprenden hábitos de conduta responsable.

Súmaste ao xogo?