Entra / Rexístrate

Actualidade

Día Mundial do Refuxiado

O 20 de xuño celébrase o Día Mundial dos Refuxiados para dar máis visibilidade a aquelas persoas que se ven forzadas a fuxir do seu país a causa dun conflito, dunha persecución ou dunha violación dos dereitos humanos.

Moito se fala este ano, desgraciadamente, dos refuxiados. A guerra de Ucraína puxo outra vez sobre a mesa dos países desenvolvidos a súa implicación coa xente que padece esta mísera condición. Se xa fuxir dun país é triste, que non te acollan noutros non é só triste senón denigrante, especialmente se iso depende da túa relixión, etnia, posición económica ou país de partida. Porque, recoñezámolo, aínda que nos dea vergoña, hai refuxiados de primeira e segunda clase.

A crise dos refuxiados é un dos problemas globais máis graves dos últimos anos, pero quen son e de onde veñen estas persoas? Sabías que dúas terceiras parte dos refuxiados en todo o mundo proceden de cinco países: Siria, Afganistán, Sudán do Sur, Birmania e Somalia? E aínda máis triste, sabes que a maioría deles non encontran país de acollida e que ademais mafias comercian coas súas vidas?

Axúdaos, enténdeos e non poñas unha venda.

A lectura únenos e elimina barreiras.

Vídeo