Entra / Rexístrate

Actualidade

Esa música sóame

Sabes como xurdiron os musicais?

O xénero musical naceu en 1866, o día en que en Estados Unidos pon en escena por primeira vez unha ópera (The Black Crook). Nesa representación colaboraron unha compañía de danza e baile europea cunha compañía de teatro. Isto xorde porque que a primeira se encontraba sen un recinto onde actuar mentres que a segunda estaba montando unha produción que resultaba ser moito máis cara do esperado. Ambos os equipos chegaron a un acordo e o 12 de setembro estreouse a obra musical que deu comezo a un xénero cada vez máis en alza.

Sóache A historia interminable, Charlie e a fábrica de chocolate e Matilda? Todos estes libros, varios no catálogo de oqueleo, van chegar a partir de outubro en forma de musical. Non deixes de gozar a experiencia completa de ler o libro e ver o musical.

Agardarante cos libros abertos!

Escritores relacionados