Entra / Rexístrate

Actualidade

Feliz 30 aniversario, Matilda!

O 1 de outubro de 2018 é a celebración mundial do trixésimo aniversario de Matilda, co que comeza un ano de festexos!

Matilda Wormwood é unha adiantada do seu tempo: unha rapaza forte e intelixente, que se enfronta á inxustiza. A historia de Matilda demostra a necesidade de defender o que consideramos correcto e apréndenos que, mesmo cando te sentes diminuto e impotente, podes facerlles fronte ás circunstancias difíciles e, xa que logo, escribir a historia de teu.

Matilda representa a valentía, a resiliencia, o poder interior, o amor polos libros, a amizade, o triunfo da mocidade, a autoexpresión, a defensa do que se pensa… adorámola!

Sabías que…?

• Matilda vendeu 17 millóns de copias en todo o mundo.

• Matilda cóntalle á señora Phelps, a bibliotecaria, que lle gustan os textos de Hemingway. Roald Dahl coñeceu a Hemingway, escritor que influíu na súa obra.

• Con só 134 cm de estatura, Matilda é a personaxe principal máis baixiña dun musical do teatro West End. Máis de 93 nenas interpretaron este papel en todo o mundo.

• No primeiro borrador da historia, Matilda era “practicamente a rapaza máis malvada do mundo”. Na versión que coñecemos, a Matilda xa non a describe como “malvada”, pero segue a ser a moza rebelde por excelencia.