Entra / Rexístrate

Actualidade

Feliz Día do Libro!

Este ano, máis ca ningún outro, temos que apoiarnos, porque todas e todos sabemos o importante que é a subsistencia de todos os sectores. Por iso, coida, defende, respecta, protexe, acariña, solidarízate co noso amigo o libro. Porque o libro é cultura e a cultura fai que as persoas sexamos libres, mellores, críticas, que soñemos espertas, que sexamos empáticas, que nos divirtamos e que, ademais, sexamos un chisquiño máis sabias.

Esta será a única vez que che pidamos que sexas consumista, que non aforres, porque investir en cultura é plantar unha semente.

O cambio medra nos libros. Somos Ecolectores.

Nesta ocasión, a mensaxe do Ministerio de Cultura céntrase na figura do último escritor galardoado co Premio Cervantes, Francisco Brines. Unha cita súa, sobre a lectura e os libros, serve de inspiración para o deseño e a ilustración do cartel, que este ano foi elaborado por Sonia Pulido.