Entra / Rexístrate

Actualidade

Dia internacional do libro infantil 2024

Feliz Día Internacional do Libro Infantil!

Coma cada 2 de abril festexamos o Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen pero tamén para darlle o lugar que merece a literatura escrita para nenos e nenas.

Un ano máis o IBBY, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil, escolleu unha sección como protagonista e unha mensaxe. Este ano a sección protagonista é Xapón, país de nacemento de Eiko Kadono, autora do evocador texto que podedes ler completo en OEPLI.org, e a ilustradora de Nana Furiya encargada do deseño do cartel.

Dia Internacional do libro infantil

«Navega polos mares coas alas da túa imaxinación»

Con este lema, o Día Internacional do Libro Infantil quere lembrar a importancia das lecturas durante a infancia. Como a través da imaxinación, nos formamos como persoas e temos as ferramentas para construír un futuro coas nosas propias alas.