Entra / Rexístrate

Actualidade

Grazas, docentes

Grazas, docentes!

Nunha entrevista, Agustín Fernández Paz manifestaba ser da «xeración de ensinantes que intentamos cambiar a vida a través da escola».

É certo que nestes tempos complicados resulta difícil ver as cousas desde unha certa distancia, pero, se somos capaces de afastarnos, decatarémonos de que nos centros educativos, nas súas e nos seus docentes, residen as sementes do cambio. Unhas sementes que plantan con paciencia e dedicación en cada alumn@ para que día a día vaian xermolando.

Agora é o momento de que os aplausos sexan para vós, docentes.

Merecédeos!