Entra / Rexístrate

Actualidade

Grazas, tradutores e tradutoras

Como sería o noso catálogo de LIX sen contar nel con Roald Dahl, Christine Nöstlinger, Gianni Rodari, Allan Alhberg, Susan E. Hinton, Michael Ende…  Sería impensable porque As Bruxas; A historia interminable; Rebeldes; Contos escritos a máquina ou Konrad entre outros, son libros que forman parte da biblioteca de moita xente de xeracións moi distintas.

Do mesmo xeito, tamén máis pequenos lectores e lectoras poden gozar de María Carme Roca, Jorge Gamero, Gloria Sánchez, Toti Martínez de Lezea… autores e autoras dos selos Jollibre, Oqueleo e Begiko.

E grazas a quen podemos desfrutar destas lecturas? Pois grazas a tradutores e tradutoras que fan posible que leamos historias, poemas e multitude de obras escritas en diferentes linguas. Nunha sociedade multicultural coma a nosa, o labor de tradución como mediación intercultural cobra especial importancia. As persoas que se dedican á tradución son capaces de conectar as realidades de dúas culturas diferentes. Por esta razón, o verdadeiro logro de calquera tradutor ou tradutora é o de manterse invisible, é dicir, que o lector non debe percibir que o texto sufriu un proceso de transformación.

Aproveitando que hoxe é o Día Internacional do/a Tradutor/a deámoslles un aplauso por facer posible que cheguen ata nós autores e autoras que sen o seu bo facer non sería posible.

https://www.youtube.com/watch?v=JGN5aX3L_K4