Entra / Rexístrate

Actualidade

Ideas para crear unha árbore de Nadal con libros

Cando chega o Nadal pensamos na árbore que decora a nosa casa. Cada vez máis xente opta por árbores orixinais dando renda solta á imaxinación e mostrando que na diversidade está a clave. Non todas e todos temos os mesmos gustos, o mesmo espazo e a mesma economía, así que o abano de posibilidades cada vez é maior.

Desde Oqueleo queremos propoñerche, como non, árbores feitas con libros, aínda que quizais tes unha idea que non se nos ocorreu. Se é así, compártea nas nosas redes sociais.