Entra / Rexístrate

Actualidade

Inocente, inocente

É unha das tradicións máis populares e divertidas do Nadal. Celébrase o 28 de decembro e, durante ese día, está permitido gastar bromas, incluso os medios de comunicación. Iso si, que non sexan pesadas. Promesa prometida. 

Esta celebración rememora un episodio bíblico relacionado co rei Herodes, aínda que co paso dos séculos evolucionou ata converterse nun animado día.

A broma máis estendida é colocar no lombo de alguén sen que se decate un pequeno boneco de papel branco, pero as bromas evolucionaron cos tempos. Tamén nos mercados natalicios podes atopar todos os tipos de artigos divertidos para a broma (a bolsa de peidos, pos pica-pica, tinta falsa…). Hai tantas bromas como imaxinación teñas.

Vexamos uns exemplos de celebracións polo territorio: a festa de Los Locos de Jalance (en Valencia, o alcalde de Los Locos goberna a localidade durante 24 horas), a Festa dos Santos Inocentes de Nogalte (en Murcia, con bailes populares e cantos de cuadrillas), a Danza de “Los Locos” de Fuente Carreteros (en Córdoba), O “Obispillo” (se celebra en lugares como Burgos, Palencia, León e Murcia. Elíxese un neno para realizar por un día as funcións de bispo) ou a “Festa dels Enfarinats” de Ibi (en Alacante, onde se vive unha “batalla” de ovo, fariña e petardos).

Decidiches cal será e a quen a broma deste ano?