Entra / Rexístrate

Actualidade

A flor das nosas letras

Día das Letras 2019

Xabier DoCampo soñaba con converter a chorima na flor das nosas letras, do mesmo xeito que a rosa representa o Sant Jordi, o día de celebración dun sistema literario normalizado. No noso caso, a xornada de hoxe non só é festiva, senón que aínda segue a ser reivindicativa e de concienciación social da importancia da literatura galega como sinal de identidade e universalidade.

 

Seguindo o ronsel de DoCampo e en memoria de Antonio Fraguas, desde Oqueleo desexámosvos que o espírito deste día se estenda ao ano enteiro e que a chorima invada as vosas casas acompañada de moitas lecturas en galego.