Entra / Rexístrate

Actualidade

Mamá, quero ser influencer

Nin artista, nin futbolista, nin bombeiro. Agora os nenos e as nenas queren ser influencers.

O concepto apareceu co boom das redes sociais e agora ata ten unha data especial de celebración, o 30 de novembro. Pero empecemos polo básico: Que é un influencer? Son persoas con moitos seguidores, que xeran moito contido para un nicho específico e buscan precisamente influír na xente para que consuman un produto ou servizo. Desta forma, son auspiciados por marcas relacionadas con ese tema e teñen a oportunidade de gañar diñeiro (moito diñeiro) e xerar vendas.

Existen tamén os famosos ou celebrities que non necesariamente xeran contido para un público en especial, pero son influencers porque son coñecidos en todo o mundo e o seu alcance é xigantesco. Seguro que xa tes a máis de tres na cabeza e que todas e todos eles che parece que gañan moito para o que traballan. Va que tamén ti considerarías ser un deles?

Sabes que tamén o mundo do libro ten os seus? Convidámoste a que os descubras.